Estudantes da Universidade de Minho fan mañá unha visita de estudo a Pontevedra

    6

    O Concello de Pontevedra recibe mañá a visita dun grupo de 15 estudantes internacionais do doutorado e post-doutorado da Universidade de Minho, do Seminario de Socioloxía da Infancia. O grupo, que estará acompañado dos seus profesores, acoden a Pontevedra para facer unha visita de estudo e de coñecemento da cidade.

    A comitiva visitará a cidade ás 12.00 horas acompañado do concelleiro Alberto Oubiña, e ás 16.00 horas manterá un encontro coa concelleira de Educación, Carmen Fouces para debater sobre a infancia, a súa participación no papel das transformacións e conquistas de Pontevedra, neste marco de cidade amiga dos nenos.