O Memorial Ricardo Portela conmemora o 25 cabodano do pasamento do Gaiteiro de Viascón

178
  • O certame desenvolverase os días 7 e 8 de xullo.
  • Dez grupos levarán a música de gaita -co toque pechado que identifica a Portela- polas rúas e prazas da cidade

    O Memorial Ricardo Portela chega a súa dezaoito edición, a maioría de idade, cunha cita moi especial: a celebración do 25 cabodano do pasamento do Gaiteiro de Viascón polo que será homenaxeado. Os días 7 e 8 de xullo, Pontevedra renderase á musica de gaita que vai percorrer, da man de dez grupos, as prazas e rúas do concello e que será a protagonista dos concertos programados na Ferrería.

    “A mellor homenaxe que podemos facer (a Ricardo Portela) e que soen as gaitas pola cidade” subliña a concelleira de Festas, Carme da Silva, que hoxe presentou o Memorial que organiza o Concello de Pontevedra en colaboración coa Asociación de Gaiteiros de Galegos.

Ricardo Portela ocupa un lugar destacado na historia da música galega e da gaita en particular, ao facer do toque pechado a súa identidade.

O XVIII Memorial Ricardo Portela compleméntase, como ocorre dende hai 15 anos, coa Mostra de Artensáns de Instrumentos Musicais.

 

PROGRAMA

Venres 7 de xullo

  • De 17.00 a 21.30 horas. XV Mostra de Artesáns de Instrumentos Tradicionais ( Praza da Ferraría).
  • 17.30 horas. Pasarrúas de: Gaiteiros das Rías Baixas, Enxebres de Cacheiras, Seitura, Gomes Mouro e Berros do castro (Nas prazas e rúas da cidade)
  • 21.00 horas. Concerto de Tiruleque (Praza da Ferraría)

    Sábado 8 de xullo

  •  De 11.30 a 14.00 horas e de 17.00 a 21.30 XV Mostra de Artesáns de Instrumentos Tradicionais. (Praza da Ferraría)
  • 11.30 horas Pasarrúas dos grupos: A.C. Picuiña, Os Carunchos, Lubicáns, Cantigas e Frores e Contracochenos (Rúas e prazas da cidade)
  • 17.30 horas. Pasarrúas dos grupos: A.C. Picuiña, Os Carunchos, Lubicáns, Cantigas e Frores e Contracochenos (Nas prazas e rúas da cidade)
  • 21.00 horas. Homenaxe a Ricardo Portela. Actuacións de Álvaro Novegil e Ernesto Campos e Marcos Campos
  • 21.30 horas. Concerto de: Carapaus (praza da Ferrería)Praza da Ferraría