A Xunta de Goberno Local aprobou esta mañá a adxudicación á empresa Naturgalia de 32 bases dos centros de compostaxe que se instalarán nos barrios de Monte Porreiro e Campolongo. Nestas bases instalaranse 300 módulos para o tratamento de biorresiduos.
A empresa executará esta obra por 213.504,50 euros e ten un prazo de adxudicación de 3 meses.
A previsión é que traten arredor de 1.300 toneladas de biorresiduos ao ano, e atenderá a unha poboación duns 8.000 pontevedreses.