Pontevedra recibiu en Valencia o premio dos xestores de centros urbanos ao modelo de cidade

18

    • Ao acto asistiron a concelleira de Promoción da Cidade, Anabel Gulías e os representantes do Centro Comercial Aberto Zona Monumental, Miguel Lago e Ernesto Filgueira.

O Concello de Pontevedra recibiu o premio da Asociación Española para la Gerencia de los Centros Urbanos (AGECU) nun acto celebrado no Concello de Valencia. O galardón foi recibido pola concelleira de Promoción da Cidade, Anabel Gulías que estivo acompañada do presidente e secretario do Centro Comercial Aberto Zona Monumental, Miguel Lago e Ernesto Filgueira, respectivamente, ambos convidados polo Concello para recoller este galardón.

A concelleira destacou a importancia deste galardón que premia o modelo urbano de Pontevedra. Explicou aos presentes que toda a transformación urbana comezou hai 18 anos, precisamente polo centro histórico, contando co apoio dos comerciantes da zona monumental, dos seus veciños… De aí a presenza dos representantes dos comerciantes neste acto.

Indicou que foi o momento no que se pasou da teoría á práctica, e na que se demostrou que a calidade de vida dunha cidade transformada para os peóns (é dicir, para todo o mundo) é unha cidade exitosa no sector terciario, sendo o comercio local un dos motores da súa economía.

Cabe lembrar que AGECU concedeu a Pontevedra este premio á “Iniciativa de intervención no espazo urbano” debido ao “proxecto de peonalización do centro histórico da cidade, que permitiu recuperar o espazo público para o cidadán e converter a Pontevedra nun modelo de referencia internacional a nivel de intervención urbana”.

AGECU reúne a máis de 100 profesionais vencellados e comprometidos co comercio urbano e que constitúe un punto de encontro, unha rede profesional de debate e análise que tenta dar resposta a diversidade de situacións que teñen os centros urbanos no estado (http://www.agecu.es/)