Poda en altura das palmeiras da avenida de Vigo e de Gutiérrez Mellado

21

    • Tamén se están a limpar e sanear os alcorques-banco da base das palmeiras

A Concellaría de Parques está a realizar nestes días traballos de limpeza, mantemento, saneamento e poda das palmeiras da avenida de Vigo e da rúa Gutiérrez Mellado.

Os labores estánse a realizar nos alcorques construídos en altura para que servan tamén de banco, nos que, nalgúns casos, proliferaban as herbas.

Os traballos, valorados en 14.000 euros, consisten na retirada da cortiza do alcorque, a retirada da capa xeotextil que está na base da palmeira, repoñer unha nova capa xeotextil de última xeración, e volver a encher o alcorque con cortiza nova e limpa.

Ao tempo, tamén se están a realizar podas controladas e en altura das palmeiras destas dúas rúas para retirar as palmas deterioradas e incrementar, deste xeito, a calidade de vida destes exemplares.