Respaldo do Concello aos cursos de verán da Uned

38

O Concello de Pontevedra e a Uned ratificaron esta mañá a súa colaboración para a organización dos XXVIII cursos de verán da institución universitaria que, precisamente, rematan hoxe mesmo.

Esta colaboración materialízase a través da sinatura dun convenio que rubricou esta mañá o alcalde Miguel Anxo Fernández Lores. En base a este acordo, o Concello achega 9.400 euros para a organización destes 5 cursos de verán, catro deles impartíronse na sede da Uned en Monte Porreiro, e un quinto ten a súa sede deslocalizada no Concello de A Lama.