Axilizar os trámites urbanísticos coa participación da veciñanza

63
  • As achegas poden facerse a través da web do Concello
  • Haberá contactos con colectivos profesionais e asociacións, a primeira co Colexio de Arquitectos o luns 7 de agosto
  •  A concelleira de Urbanismo estima que ordenanza poderá estar lista para a aprobacióndefinitiva en outubro ou novembro

Simplificar, reducir e axilizar os procedementos administrativos e acurtar os tempos de tramitación na área de Urbanismo co fin de mellorar a comunicación e atención aos veciños e veciñas e un reto no que traballo arreo a área de Urbanismo e para o que quere contar coa participación da veciñanza.

Neste intre os servizos técnicos están no proceso de elaboración da futura Ordenanza de regulación integrada do exercicio de actividades e obras para simplificación administrativa no Concello de Pontevedra (ordenanza de simplificación administrativa) e a quenda da participación.

“Queremos contar coa interlocución no só dos sectores profesionais (arquitectos, enxeñeiros, etc.) se non tamén de asociacións, colectivos e particulares que teñan algo que dicir” subliña a concelleira de Urbanismo, Anabel Gulías e para recibir achegas está colgada na web do Concello – www.pontevedra.gal- unha consulta pública. “Na entrada colgamos unha serie de epígrafes para explicar do que falamos: unha introdución, problemas que queremos resolver con esta iniciativa, a necesidade e oportunidade da súa aprobación, os obxectivos da norma, un esquema dos puntos que ten que tratar a ordenanza e as posibles solucións.

Neste camiño de participación a concelleira e o director xeral de Urbanismo, Anabel Gulías e Xosé Manuel Tato, manterán unha reunión cunha representación da Delegación de Pontevedra do COAG (Colexio Oficial de Arquitectos de Galicia).

“Creemos que é necesario impulsar a redacción desta ordenanza e así o facemos, elaborando este borrador pero agardando por todas as achegas e contribucións que podan facernos chegar” subliñou a concelleira Anabel Gulías para engadir que “agardamos que en outubro-novembro, cos informes técnicos pertinentes e con as achegas de participación, poder ter feita a ordenanza para a súa aprobación definitiva”.

A elaboración da ordenanza de simplificación administrativa é un dos puntos do decálogo – do que cumpriuse un 80%- de medidas presentadas ao comezo do ano para reorganizar a Área de Urbanismo, que inclúe a actualización de distintas ordenanzas para adaptalas as actuais directrices normativas como unha nova ordenanza única integrada de actividades económicas e apertura de establecementos e obras ou un novo regulamento de ruídos.

No ano 2016, segundo os datos facilitados polo Rexistro Xeral do Concello, 4.517 das entradas tiveron como destino o servizo de Urbanismo, 2.868 o servizo de Disciplina e 783 os servizos técnicos municipais – ao que hai que sumar as que chegaron a través doutras dependencias e se derivaron á área de Urbanismo- Son cifras que dan idea da inxente carga de traballo que tales solicitudes e documentos xeran e o número de procedementos en tramitación.

DECÁLOGO: https://www.pontevedra.gal/web2016/wp-content/uploads/2017/01/Medidas-axilizacio%CC%81n-e-simplificacio%CC%81n-a%CC%81rea-urbanismo.pdf