A axenda da viaxe a México suma máis de 40 citas institucionais e de traballo
164
O alcalde Miguel Fernández Lores estará copresidirá a inauguración da Expo Pymes e neste foro exporá o modelo Pontevedra, e tamén no Senado e no ITAM
Manterá contactos, entre outros, cos alcalde de Cidade de México, Celaya, León e Querétaro
Pontevedra terá un stand propio no Expo-Pymes que servirá de punto de referencia
Máis de 40 reunións e encontros institucionais e empresariais en oito días, unha intensa axenda que aínda non está pechada ao 100%. A concelleira de Promoción Económica e da Cidade, Anabel Gulías, adiantou hoxe o groso da axenda de traballo da viaxe que levará a México, do 22 ao 31 de agosto, ao alcalde de Pontevedra, Miguel Anxo Fernández Lores ao fronte dunha delegación institucional e empresarial. Encontros en México
Pontevedra estará presente en Expo-Pymes 2017, unha das feiras máis importantes de México e referencial en Latinoamérica, con stand propio. O alcalde asistirá á inauguración ao carón do alcalde anfitrión, Miguel Ángel Mancera e desenvolverá encontros oficiais e con medios de comunicación mexicanos neste punto, no que tamén as empresas que viaxan coa delegación de Pontevedra manterán reunións de traballo.
No marco da Expo-Pymes 2017, Miguel Fernández Lores impartirá unha conferencia sobre o modelo urbano que posiciona a nosa cidade no mundo. Será o arranque dunha intensa semana de contactos, intervencións, conferencias e relacións institucionais que levará a delegación oficial tamén a outros dous estados -Guanajuato e Querétaro- e a outras tres cidades: Celaya, León e Querátaro.
A concelleira Anabel Gulías sinalou como obxectivos “conseguir establecer sinerxías comerciais e institucionais e contribuír ao posicionamento internacional da cidade” o que non é pouco xa que hai que lembrar que “só somos un Concello e conseguir esta axenda non é casualidade, débese ao traballo previo que se realizou nesta cidade a nivel de posicionamento e de marca e ao traballo destes meses para cristalizalo”.
Mércores 23 de agosto
Inauguración de Expo Pymes no Worl Trade Center de Cidade de México
Conferencia sobre o modelo urbano de Pontevedra
Mércores e xoves 23 e 24 de agosto
Entrevistas con medios de comunicación mexicanos e contactos informais con empresarios e representantes sociais.
Venres 25 de agosto
Encontro con cineastas na Cineteca Nacional de México
Conferencia: Pontevedra: Modelo Urbano e Industrias Culturais, no Centro Cultural de España en México
Cóctel -servido polo chef Iñaki Bretal- coas empresas locais e mexicanas e distintas personalidades co fin de estreitar relacións bilaterais nun ambiente informal, no Centro Cultural de España
Domingo 27 de agosto
Entrevista co alcalde de Celaya, Ramón Lemus
Luns 28 de agosto
Entrevista co alcalde de León, Héctor López Santillana
Entrevista co alcalde de Querátaro, Marcos Aguilar
Martes 29 de agosto
Intervención no Senado da República de México e entrevistas cos distintos grupos políticos
Mércores 30 de agosto
Intervención no ITAM, Instituto Tecnológico Autónomo de México). Poñente no Seminario Datos que transforman
Esta axenda vai intercalada con encontros con funcionarios e expertos en mobilidade, representantes de organizacións empresariais, grupos políticos e medios de comunicación.
Relación de empresas e organizacións que viaxan co alcalde: