Volve o Summum no outono pontevedrés

30

 

O xa consolidado ciclo SUMMUM será o primeiro en botar a andar o 29 de setembro con ‘La velocidad del otoño’ que trae á cidade a Lola Herrera e Juanjo Artero. Será a 5ª edición desde ciclo que ten lugar no Pazo da Cultua e achega os mellores espetáculos do panorama estatal a través do programa PLATEA, no que estamos inseridos hai anos e mediante o que se fomenta que espectáculos de diversas artes escénicas (teatro, danza, circo, etc) para diferentes públicos, circulen a nivel estatal, o que facilita tamén que as compañías galegas xiren por toda a península.

Entradas xa están á venda en Ataquilla.com

  • 29set. ‘La velocidad del otoño’ ás 21h. con Lola Herrera e Juanjo Artero.
    La velocidad del otoño é unha obra mordaz, divertida e profundamente conmovedora sobre a fraxilidade e a frugalidade da vida.

Alejandra (Lola Herrera), unha artista de 79 anos, enfróntase á súa familia polo lugar onde vai pasar o resto dos anos que lle quedan de vida. Ao seu favor ten o seu inxenio, a súa paixón pola vida e unha barricada que creou na porta da súa casa con suficientes cócteles molotov para afundir o bloque enteiro. Pero os seus fillos teñen a súa propia arma segreda: Cris, o seu fillo máis novo, que regresa despois de 20 anos de ausencia para converterse nun mediador in extremis da familia.

  • 7out. ‘Lo mejor de Yllana’ ás 21h.

“2016 foi un ano moi especial para nós. Fixemos 25 anos! E estamos a celebralo como mellor sabemos facelo, co novo espectáculo: Lo Mejor de Yllana (antes Yllana 25)”.

A peza repasa sobre o escenario os grandes momentos da traxectoria da compañía, cunha selección dos mellores sketches dos seus espectáculos que fará realidade o desexo dos fans de Yllana, ao concentrar nunha mesma obra os gags máis divertidos de Yllana neste cuarto de século.

*Espectáculo recomendado para maiores de 14 anos.

Prezo: 20€ (estudantes, parados e xubilados 18 €) máis gastos de tramitación

  • 22out. ‘Menú de noite’ con Carlos Blanco e Luis Davila ás 19:00h.

O actor arousán e o debuxante de Bueu combinan de novo inxenios e artes para atopar o cóctel perfecto. Nesta ocasión, visten de smoking e viaxan a Broadway. Cos sachos, claro.

O espectáculo, con música de Budiño e Kepa Junquera, é un xoguete escénico, un traballo a dúo onde a comedia ten finalmente a cobertura visual que nunca tivo. Gargalladas aseguradas… e debuxadas.

Prezo: 10€, máis gastos de tramitación

  • 28out. ‘Nagare’ de Cilcle of Trust e Logela Multimedia ás 21h.

Espectáculo de danza e tecnoloxía que explora, profundiza y se mergulla nas in­fluencias, nas súas orixes e motivacións, ademáis de observar como moldean aos individuos sen case ser conscientes dese feito.

A peza profunda e madura, fusiona a danza e as tecnoloxías audiovisuais servíndose dunha novedosa escenografía totalmente integrada en la obra, Logela Multimedia cautivará ao espectador co seu dominio das cores e as formas, mentres que Circle of Trust aportará o corpo e a forza da danza ao espectáculo.

Prezo: 12€, (10€ menores, parados e xubilados) máis gastos de tramitación

  • 3nov. ‘El test’ con Luis Merlo e Antonio Melero ás 21h.

Que prefires? Cen mil euros agora mesmo ou un millón dentro de dez anos? Así de simple, así de difícil. Ese é o dilema ao que se enfrontan Héctor e Paula –un matrimonio con problemas económicos- cando Toni, un bo amigo da parella, lles plantexa a opción. Trátase dun test de personalidade elaborado por Berta, a súa actual compañeira, unha psicóloga exitosa e mediática.

A decisión parece sinxela: conformarse cunha pequena fortuna ao instante ou agardar dez interminables anos para multiplicala. O que comeza sendo un suposto teórico, un simple test, irá pouco a pouco debullando a personalidade e os segredos mellor gardados dos nosos personaxes; unha opción que os obrigará a poñer prezo aos seus principios e, finalmente, empurrará aos catro a tomar unha decisión que cambiará as súas vidas. Quen sabe se para sempre…

Luís Merlo, Itziar Atienza, Antonio Molero e Maru Valdivieso

Prezo: 20€, (18€ menores, parados e xubilados) máis gastos de tramitación