Presentado o proxecto Voltar á Terra para o cemiterio de San Amaro

131
  • Inclúe unha pradería para esparcir as cinzas dos seres queridos un espazo, con parte cuberta, para facer cerimonias civís de despedida
  • O novo espazo contará con 1.083 columbarios, en terra e columnas

Dar resposta a crecente demanda da xente de poder ter un lugar para esparcir as cinzas, para facer unha cerimonia civil, unha despedida aos seus seres queridos dunha maneira diferente”. Con este obxectivo botou a andar o pasado ano a iniciativa Voltar á Terra, pensada como unha pradería para esparcer as cinzas no recinto de San Amaro e que medrou ata converterse no ambicioso proxecto presentado hoxe pola concelleira responsábel de Cemiterios, Carme Fouces.

Nunha parcela de 5.800 metros cadrados do cemiterio de San Amaro habilitarase unha grande área -pradería- para esparcir cinzas e instalar columbarios e sepulturas para as furnas funerarias, e nas que se poda colocar placas en lembranza dos mortos. Ademais haberá un espazo, con parte cuberta, para que a xente poda organizar actos civís de despedida dos seus.

A concelleira lembrou que “os enterramentos están cambiando, como está cambiando a sociedade” e a incineración vai en aumento. “Inicialmente falábamos de facer unha pradería pero pensamos que era un bo momento para pensar nos columbarios e ampliamos o proxecto” que foi deseñado polo estudio arc+s arquitectura.

Neste espazo de Voltar á Terra está prevista a construción de 1.083 columbarios (uns en terra e outros múltiples, en columna). En cada columbario poderá inscribirse unha placa coa referencia do falecido, dando á familia a posibilidade de deixar as cinzas ou ben a furna na que se topan as cinzas.

Columbarios de 4 ………. 37

Columbarios de 5 ……….. 50

Columbarios de 6 ……… 34

TOTAL 1.083

As obras comezarán tan pronto remate a tramitación administrativa do proxecto. “Comezarán canto antes” sinalou a concelleira responsábel de Cemiterios, Carme Fouces quen agarda que poidamos contar co novo espazo para as cinzas e cerimonias civís de despedida para novembro do 2018.