O Campo da Xunqueira, listo para esta tempada

24
    • O alcalde e a concelleira de Deportes, Anxos Riveiro visitaron esta mañá as instalacións deste campo recentemente remocicado, e no que xa adestran os equipos.

O alcalde e a concelleira de Deportes, Anxos Riveiro visitaron esta mañá o campo de herba sintética da Xunqueira, unha vez que se rematou a súa renovación integral, e no que xa adestran con normalidade, dende o luns, os equipos.

Este foi o primeiro campo de herba sintética do Concello, creado no ano 1999. Someteuse a unha renovación en 2005, pero na actualidade xa requería unha renovación do seu céspede ao esgotar a súa vida útil.

Entre os traballos e melloras que se realizaron nestes dous meses de traballo estivo a retirada da capa de céspede artificial anterior; instalación da base de formigón polímero dotada con reixa superior e instalación de novas arquetas areeiros con reixa desmontable e cesto filtro co fin de mellorar a drenaxe do campo e os labores de mantemento; base elástica prefabricada de tres capas; instalación de céspede de última xeración testado en laboratorio con criterios de Fifa Quality; construción dunha vía perimetral no propio campo; e instalación de valo de peche perimetral e substitución de porterías de fútbol 11 e banderíns de córner.

A empresa que realizou os traballos foi Mecano Sport por valor de 272.243,14 euros.