V Festival das Núbebes, artes escénicas para bebés e familias

76
  • A partir de hoxe e por primeira vez, as entradas están á venda en Ataquilla.com
  • A inclusión e  dotar de ferramentas  a pais e profesionais  son parte dos obxectivos

A concelleira de Cultura, Carme Fouces presentou a 5ª edición do Festival das Núbebes: “un proxecto consolidado polo que familias con bebés agardan ansionas cada ano”. Tal e como comentou a concelleira, acompañada por Andrea Bayer de Baobab Teatro, é unha aposta pola produción do país nos obradoiros e os espectáculos que amosan unha altísima calidade e entre os que se atopan varias estreas. O programa contará tamén con espectáculos de fóra de Galicia, gañadores de premios (‘Sin Palabras’ de La Sal Teatro. Premio Fetén 2017 á primeira infancia) e con proxección estatal e internacional”. Regresarán a nosa cidade compañías que estrearon pezas en Núbebes hai anos e logo triunfaron con elas polo mundo adiante, como é o caso de Sonia Carbón, que impartirá 4 obradoiros familiares o sábado 30.

A aposta pola inclusión que se leva a cabo dentro do programa de Núbebes estará representada nesta edición polos obradoiros de ‘Cociña de cores’ organizados pola Asociación Socio Sanitaria Educativa Inflamatoria Intestinal (ASEII), a charla de Tetameiga e os obradoiros de iniciación ao ioga ‘OHMMMM’ impartidos por Amencer Aspace.

Andrea Bayer, que colabora na selección da programación manifestou que “tentamos que estean respresentadas todas as artes escénicas e apostamos polas producións galegas e a innovación, xa que estas idades se prestan á experimentación.” Andrea desvelou tamén que por primeira vez as entradas dos espectáculos que teñen custe, estarán á venda en Ataquilla.com. “Era unha petición que levan demandamos anos e tentamos atender as suxestións que o público nos deixa. Só se venderán anticipadamente o 60%. As restantes poderan adquirirse na billeteira do Principal nos horarios indicados e destinados  tamén para retirar as entradas dos espectáculos e actividades de balde”.

A formación para profesionais, que non aparece no programa, constará de 3 obradoiros diferentes e responde ás necesidades de Galiñas Azuis e escolas infantís que son “un sector abandonado pola  Administración que debería facilitarlles a mesma”, afirmou Carme.

Para pechar, a Concelleira agradeceu á Diputación a súa aportación, económica e loxística ao proxecto.

cartel_FNUBEBES_2017_web

folleto_FNUBEBES_2017