As empresas pontevedresas destacan o éxito comercial da misión a México

142

    • Algunhas teñen previsto pechar acordos co país, outras xa teñen previsto operar neste ano ou no vindeiro, e a outras serviulles para ampliar a carteira de clientes e distribuidores

O alcalde mantivo esta mañá un encontro cos empresarios que participaron na misión institucional e comercial a Cidade de Mexico a finais do  mes de agosto para facer balance e confirmar os bos resultados empresariais que a misión tivo nas empresas locais. De feito, algún deles xa anunciou a intención de volver a participar noutra misión que o Concello organice no futuro.

O alcalde asegurou que se tratou dunha viaxe sorprendente, completa, complexa e produtiva. De feito, destacou que a presenza das empresas locais permitiu darlle credibilidade á misión, e o feito de ter sido acompañados pola parte institucional permitiu abrir máis portas aos empresarios locais.

O representante do Graneiro de Amelia asegurou que os resultados foron satisfactorios dado que conseguiron a compra de producto, que era o seu principal obxectivo, pero tamén fixeron contactos empresariais que poderán fructificar no futuro.

Yatecomeré destacou que a viaxe lles permitiu coñecer a operadores e empresarios da nosa actividade, e ampliar o radio de contactos en varias cidades mexicanas, especialmente tendo en conta que México ten un convenio de libre comercio con EE.UU e Canadá. Confían en poder esta operando na zona a partir de 2018.

Iñaki Bretal, representante do Eirado da Leña, tamén considerou positiva a visita e anunciou que o vindeiro día 16 dúas estudantes mexicanas comezan a traballar no restaurante en Pontevedra, para continuar a súa formación, en virtude do convenio asinado no país. Tamén están a traballar na posibilidade de ampliar o negocio cara México.

A empresa Covsa recoñeceu que nunca se propuxera ir a México nin externalizar os seus servizos, pero a visita lles permitiu coñecer o sector naquel país e facer contactos, e están a estudar a posibilidade de abrir vías de negocio alá.

Tokapp conseguiu manter reunións coa administración educativa, o principal cliente da empresa, para poder traballar para elas. Ademais conseguiu facer un novo distribuidor na zona.

Krack zapaterías recoñeceu non ter demasiadas expectativas na viaxe, pero conseguiron contactar coas dúas principais firmas de distribución de calzado en México, e amósanse esperanzados en poder pechar, proximamente, negocios con eles.

Galventus, servizos eólicos, confían en iniciar negocio no país americano o vindeiro ano xa que fai “falta de todo” e os servizos eólicos están por desenvolver no país, de feito mantiveron contactos coas dúas principais multinacionais que operan en México.

Setga recoñeceu que xa estaban presentes en México, pero a visita permitiulles saber que era preciso montar unha estratexia máis ampla, polo que a vindeira semana teñen previsto asinar un convenio de colaboración cunha das principais distribuidoras de México de material de iluminación.

O Camiño de Santiago Portugués e a Mancomunidade de Turismo do Salnés estiveron representadas por Tino Lores que amosou a súa satisfacción pola viaxe e os bos resultados.

A única empresa que non puido asistir á reunión foi Matriuska que hoxe mesmo asinaba un convenio co Instituto cinematrográfico de México para futuras colaboracións.

O alcalde agradeceu a participación de todas elas na misión empresarial, e adiantou que é intención do Concello buscar novos destinos e fixar outras misións noutros puntos do mundo.