Acordo coa Cruz Vermella pola reforma da rúa

12

O concelleiro de Obras, Demetrio Gómez presentou esta mañá a entidade Cruz Vermella o proxecto de reforma da rúa, dado que a entidade dispón dun centro de día para persoas maiores nas súas instalacións e precisa acceso para deixar aos usuarios.

Os responsables de Cruz Vermella solicitaron o paso pola futura praza para poder deixar aos usuarios nas proximidades da entrada do edificio, e tamén unha zona de estacionamento reservado para ambulancias e coches asistidos.

O concelleiro recolleu estas peticións e explicoulles que o acceso ao centro de día xa queda garantido no proxecto, e comprometeuse a estudar a zona reservada de estacionamento na rúa Padre Gaite.