Reto de Proinfancia: axudar a 50 familias a saír do círculo da pobreza

28
  • No primeiro ano de traballo desenvolvéronse 91 accións con 24 rapaces e 30 rapazas
  • O Concello acolleu a segunda institucional do programa que impulsa a Obra Social de La Caixa, canaliza a Fundación Meniños e no que están implicados o Concello, as consellerías de Política Social, Educación e Sanidade e a USC

Concello de Pontevedra acolleu hoxe a segunda reunión da Mesa institucional do programa Pro Infancia que impulsa a Obra Social da Fundación La Caixa co fin de promover a creación de oportunidades a nenos e nenas e as súas familias para rachar co círculo da pobreza.

A reunión, presidida pola concelleira de Benestar Social, Anxos Riveiro e por Oriol Campá i Ollés, representante da Fundación La Caixa, serviu para facer unha avaliación do primeiro ano de desenvolvemento do programa no concello e introducir pequenos reaxustes para chegar a atender a un total de 50 familias cun plan de atención integral e específico para cada unha delas, centrado sobre todo na atención socio educativa pero que inclúe tamén aspectos de axudas económicas, ocio… Ampliarase tamén a zona xeográfica de actuación do programa.

O obxectivo é acabar coa pobreza herdada, evitando que os cativos segan a mesma estela que os seus pais podendo saír desa situación social, reconducindo a súa vida.

No desenvolvemento do programa están implicados dun xeito directo, ademais do Concello de Pontevedra e a Fundación Meniños que canaliza o traballo, distintas institucións. A reunión acudiron o director do Centro Socio comunitario de Pontevedra pola Consellería de Política Social; unha inspectora de Educación, representantes da Fundación Meniños entre eles a coordinadora do programa Proinfancia e unha representante da Subdirección Xeral de Planificación e Programación Asistencial da Xunta, xunto con técnicos municipais e da Fundación La Caixa. A USC, cuxo Grupo de Investigación de Pedagoxía Social tamén colabora, escusou a súa ausencia.

“O primeiro ano de traballo feito coas familias, cos nenos e nenas é moi positivo e nótanse xa avances na loita para rachar co círculo da pobreza, a prol da normalización educativa e social ” subliñou a concelleira de Benestar Social, Anxos Riveiro que se fixo eco da alta valoración compartida por todos sobre a metodoloxía de traballo desenvolvida e a súa base científica que permitirá facer un seguimento no tempo rigoroso.

Proinfancia ten xa un primeiro balance. Ata agora son 54 menores -24 rapaces e 30 rapazas- os que se beneficiaron o están a beneficiar das 91 accións sociais desenvolvidas ao abeiro do programa. Destas accións: 38 están vencelladas ao ocio e tempo libre, 7 ao apoio educativo familiar, 23 a carteira de bens, 7 atención terapéutica e 16 reforzo educativo.

O programa Proinfancia desenvolve inclúie tamén un programa en rede coa Fundación Secretariado Xitano, a FANPA, o Gabinete Inma Casabiell, a Fundación Meniños, e a Sociedade Deportiva Teucro, cos Servizos Sociais do Concello, a traballadora social do Centro de saúde da Parda e os orientadores dos colexios implicados no traballo do programa.

mesa institucional setembro 2017