Orgullosos dos nosos medallistas!

20

O Concello de Pontevedra ofreceu onte pola tarde unha recepción oficial aos deportistas que foron medallas nos últimos mundiais das súas respectivas especialidades. Alí estaban Javier Gómez Noya, Águeda Cons, Óscar Graña e un representante de Carolina García ou Antía Jácome acompañados dos amigos e dos representantes da Corporación.