O día 16 abre o prazo de solicitudes para o Mercado de flores de Todos os Santos

12

    • As persoas interesadas deberán pedir a documentación na oficina da Administración do Mercado, situada na propia Praza, entre o 16 e o 27 deste mes

A Concellaría de Mercados abre o vindeiro 16 de outubro o prazo para a presentación de solicitudes para participar no Mercado de flores da Praza da Ferraría, que se celebrará os vindeiros 31 de outubro e 1 de novembro, con motivo do Día de Todos os Santos.

As persoas interesadas deberán dirixirse ás dependencias da Administración do Mercado, situadas na planta alta da Praza, na rúa Serra 5, para retirar a pertinente documentación en horario de 09.00 a 14.00 horas, de luns a venres.

O prazo de presentación de instancias comeza o día 16 e rematará o 27, ambos incluídos.

O horario de acceso de vendedores para a montaxe dos postos será de 02.00 a 10.00 horas.