O Ciclo de Butaca da BMP, de volta no Principal

14
  • Baixo o título “Faise camiño ao andar”, a banda percorrerá o Barroco, a música iconoclasta francesa e a opera italiana e os compositores galegos entre outras.
  •  “Os golfiños e o Xigante” será a parte do programa destinada aos/ás nenos/as,

A concelleida de Cultura, Carme Fouces presentou unha nova edición do Ciclo de Butaca da Banda de Música de Pontevedra, que levará por título ‘ Faise camiño ao andar’. Acompañada polo presidente, Diego Rosal e o director, Rafael Agulló Albors, que inicia este ano a súa terceira tempada ao frente da banda, Carme Fouces destacou o bo traballo e aceptación deste proxecto da banda que leva máis de 10 anos formando parte da programación. “É unha banda cunha media de idade moi nova que vai superándose ano tras ano e xunto co resto da programación musical – da que temos unha boa panorámica na Axenda do Concello- coido que podemos crear unha boa educación musical e facer gozar aos veciños de Pontevedra”.

Os concertos  celebraranse en fins de semana alternos ata o més de xaneiro, que terán lugar os días 7 e 14. O horario habitual será o domingo ás 12.00 horas, agás o 28 de decembro que, por mor dos festivos de Nadal, o concerto terá lugar o xoves ás 21 horas. Todos eles terán como sé o Teatro Principal e terán entrada de balde ata completar aforo.

O director da formación, Rafael Agulló, sinalou que “sendo conscientes de que o público nestes tempos aposta máis por actividades de ocio que culturais, tentamos face um ciclo dinâmico e moi díspar. O primeiro concerto vai enfocado hacia o estilístico, os grandes compositores e as oberturas, como na época Barroca”. A música francesa iconoclasta, a ópera italiana, unha “viaxe” ata Bos Aires, etc será parte do variado programa que contará tamén cun ‘Desconcerto’ coa colaboración do actor Fran Rey, no que “os instrumentos e os solos no serán os convencionais, a xente vai empezar rindo e non vai parar)

Outras pezas importantes do programa será a cita co director convidado, Andrea Gasperin, que colabora tamén no Seminaro de Dirección de Bandas que leva a cabo a BMP e o espectáculo para nenos de Fantoches Baj que estreará en breve a versión reducida con música enlatada e na sua cita en Pontevedra o 7 de xaneiro, contará coa version extendida e música ao vivo da Banda.

Tanto por parte da agrupación como da Concelleira, considérase un acerto ter mudado esta cita para as mañás do domingo, pasando de 200 a unha media de 350 asistentes por cita.

PROGRAMACIÓN BMP CICLO DE BUTACA