Aberto o prazo para solicitar posto no Mercado de flores de Todos os Santos

77

‣ As persoas interesadas poderán pedir a documentación na oficina da Administración do Mercado, situada na propia Praza, ata o día 27 deste mes

A Concellaría de Mercados abriu o prazo para solicitar posto no tradicional Mercado de flores da Praza da Ferraría, que se celebrará os vindeiros 31 de outubro e 1 de novembro, con motivo do Día de Todos os Santos.

As persoas interesadas deberán dirixirse ás dependencias da Administración do Mercado, situadas na planta alta da Praza, na rúa Serra 5, e retirar a pertinente documentación en horario de 09.00 a 14.00 horas, de luns a venres.

O prazo de presentación de instancias remata o 27 de outubro, incluído.

O horario de acceso de vendedores para a montaxe dos postos será de 02.00 a 10.00 horas do día 31.