O MiniPazo Club oferta máis de 300 prazas en actividades para nenos de 4 a 13 anos

143
  • As inscricións realizaranse de xeito presencial nas oficinas do Pazo da Cultura a partir do vindeiro martes 24 ás 8:00 horas
  • Reservarase un porcentaxe máximo do 10% para ser xestionado polos Servizos Sociais Municipais para nenos/as de familias con poucos recursos

Como vén sendo habitual por estas datas o Concello de Pontevedra a través do Pazo da Cultura lanza a oferta de actividades MiniPazo Club, destinadas a nenos/as con idades comprendidas entre os 4 e os 16 anos. A oferta estará composta no curso 2017-2018 por ‘A hora do conto’ de Pavís Pavós e ‘A procura do Tesouro’, impartida por Migallas Teatro e ‘RockLab’. Mais de 300 prazas das que se destinarán un máximo do 10% aos menores pertencentes a familias con poucos recursos económicos e serán xestionadas polos Servizos Sociais Municipais.

Os prezos serán de 50€ nunha única cota ao inicio do curso para os Talleres de Animación á lectura (Hora do Conto) e os de Expresión Dramática, Plástica e Musical (Procura do tesouro) e de 100€ en dúaas cotas para os de rock.

O proceso de matriculación será o mesmo que en anteriores edicións, de xeito presencial nas instalacións do Pazo da Cultura a partir do vindeiro martes 24 a partir das 8h. Os prazos permanecerán abertos ata esgotarse as prazas. Unha vez esgotadas, abriranse listas de agarda para as diferentes actividades. O horario das oficinas do Pazo da Cultura a este efecto é de 8 a 14h.

O persoal facilitará as follas de inscrición xa numeradas que deberán ser cubertas e entregadas no acto nas oficinas. (De non ser así, perderán automáticamente a orde asignada). Cada persoa poderá matricular un máximo de 3 nenos/as por actividade que deberán ter cumpridos os anos mínimos de admisión entre o 1 de xaneiro e o 31 de decembro do presente ano.

Tríptico Minipazo