2ª Xornada de Igualdade: Xénero, deporte e mocidade

102

O Pazo da Cultura acollerá o próximo 11 de novembro a 2a Xornada da Escola Municipal de Igualdade que estará adicada ao tema “Xénero, deporte e mocidade”. As/os interesadas/os en participar poden inscribirse on line en:

https://apuntate.pontevedra.gal/deporte-igualdade-mocidade/ ou en xornadaxuventudeigualdade@pontevedra.eu

Os concelleiros de Xuventude, Alberto Oubiña e a concelleira de Deportes, Anxos Riveiro presentaron hoxe esta segunda xornada na que se fará unha reflexión e análise da desigualdade na práctica deportiva entre nenos e nenas, mozos e mozas. Ademais analizaranse as causas das desigualdade neste eido e darase conta de boas prácticas no deporte que se están a desenvolver na nosa cidade e comunidade.

A Xornada “Xénero, deporte e igualdade” contará coa presenza de expertas en igualdade no deporte, así como con profesionais e deportistas que compartirán a súa experiencia.

Alberto Oubiña e Anxos Riveiro fixeron un chamamento á participación. Hai 250 plazas.

  • Data: sábado 11 de novembro
  • Horario: 9,30 a 13,30 h.
  • Lugar: Pazo da Cultura

XDM2017