Está aquí Pontedetapas 2017

793

 

  • 52 establecementos compiten na décima edición, do 2 ao 19 de novembro
  • Unha oferta de 64 elaboracións: 35 tapas tradicionais, 23 tapas creativas e 6 cócteles
  • Haberá un Premio do Xurado -a selección previa será do profesorado do CIFP Carlos Oroza- e un Premio do Público, a Tapa Pontevedra
  • A Tapa Pontevedra concorrerá ao certame “De tapas por Galicia”
  • Elixirase, por vez primeira, a mellor tapa con conserva de pescado/marisco

    Un total de 52 establecementos participarán dende este xoves 2 ata o domingo 19 de novembro na décima edición de Pontedetapas. Serán 18 días (con tres fins de semana completas) nos que degustar o mellor da nosa gastronomía local en pequenos bocados.

    Este ano competirán no certame 35 tapas tradicionais, 23 tapas creativas e 6 cócteles. Mantéñense os prezos de dous euros por tapa e de tres euros por cóctel.

    Haberá un Premio do Xurado que escollerá a mellor tapa creativa, a mellor tapa tradicional e o mellor cóctel. Será o profesorado do CIFP Carlos Oroza o encargado de probar todas as propostas e facer unha preselección de dez tapas e tres cócteles. Entre eses finalistas, un xurado profesional que se desvelará ao final do concurso escollerá ao gañador de cada unha destas modalidades.

    Ademais, entre todas as tapas e cócteles presentados, ou público outorgará mediante votación popular o Premio do Público “TAPA PONTEVEDRA”, á proposta que máis represente a esencia da nosa cidade: no sabor, no aroma, nos produtos empregados…

    O público emitirá os seus votos a razón dun único voto por tapa ou cóctel consumido, durante os días de celebración do evento, do 2 ao 19 de novembro. Poderá votar a través dun cupón de votación, en formato papel, ou a través da app Pontedetapas.

    A TAPA PONTEVEDRA será a que represente á cidade de Pontevedra na terceira edición de “De tapas por Galicia”, o certame promovido por Turismo de Galicia para escoller o mellor petisco da Comunidade entre os gañadores dos concursos de tapas das sete grandes urbes galegas. E tamén terá como premio desenvolver un showcooking dentro da terceira edición da feira Etiqueta Negra. Gourmet Galego e Innovación Inspiradora, unha iniciativa do Concello de Pontevedra.

    Como novidade desta edición, haberá un premio á mellor tapa con conserva de pescado e ou/marisco que patrocina ANFACO (Asociación Nacional de Fabricantes de Conservas e Pescados). Os gañadores realizarán un showcooking no stand que a asociación conserveira terá en Madrid Fusión 2018.

    Pontedetapas dispón dunha app propia, gratuíta para o usuario, sinxela e intuitiva. Desenvolvida para iOs e Android, permite ver detalles dos locais e das tapas participantes, posicionandoos por xeolocalización no mapa. Ademais, tamén incorpora un sistema de votación popular, fiable e transparente, mediante a introdución de códigos (alfanuméricos e QR).

    Mediante a súa votación, os clientes que consuman as tapas e cócteles a concurso poderán participar no sorteo de DOUS premios de 500 euros en vales para gastar no comercio/mercado local. Un primeiro premio desenvolverase por extracción ao azar dun cupón en formato papel de entre a totalidade dos recibidos. O segundo premio outorgarase entre os clientes que voten a través da app Pontedetapas.

    Volverase a editar o Pasaporte Pontedetapas que garanre un regalo seguro, (consistente nunha cea para dúas persoas valorada en 60,00 euros, a escoller entre todos os establecementos do concurso) a aqueles consumidores que o presenten selado por todos os locais participantes na Casa da Luz antes do día 30 de novembro de 201