Adxudicadas as obras da rúa A Seca que estenden o modelo Pontevedra polo barrio

130
  • Unha das actuacións afecta ao entronque coas rúas Casimiro Gómez e José Malvar e ten un custe de 83.017 euros e a outra, ao tramo final de Fernando Olmedo e o custe é de 170.525 euros
  • A empresa que se fixo cos contratos, E.C. Casas ten tres meses para executar as obras
  • As ofertas gañadoras inclúen melloras como a instalación de redutores de velocidade e nas beirarrúas 

A Xunta de Goberno local aprobou hoxe a adxudicación de dous proxectos complementarios de mellora da mobilidade da rúa A Seca e contorna á empresa E.C. Casas. Son actuacións que supoñen un investimento de máis de 250.000 euros e que estenden o modelo Pontevedra polo barrio.

A primeira das actuacións contratadas afectará ao tramo da vía que entronca coas rúas Casimiro Gómez e José Malvar e a segunda afectará ao último tramo da Fernando Olmedo, onde no pasado estaba o lavadoiro da Seca.

O portavoz do Goberno local e responsábel da área de Contratación, Raimundo González informou que a obra do entronque A Seca-Casimiro Gómez-José Malvar foi adxudicada por 83.017 euros. A empresa incluíu na súa oferta como mellora a instalación de tres redutores de velocidade (lombos).

Pola súa banda a obra na Seca foi adxudicada por 170.525 euros e a empresa tamén incluíu melloras, neste caso a instalación de redutores de velocidade, o incremento do espesor do aglomerado e nas beirarrúas.

Nos dous casos o tempo de execución das obras é de tres meses.

 

A actuación global prevista no entorno da Seca vai a eliminar a caótica bolsa de aparcamento que hai no cruzamento da rúa con Fernando Olmedo e Casimiro Gómez e ordenar este espazo urbano de tal xeito que:

  • xérase unha nova praza arborada e novos circuítos peonís seguros e deixa preparada a rúa da Seca para ampliar as súa beirarrúas
  • calmarase o tráfico
  • crearanse unha vintena de aparcamento en batería
  • dotarase da máxima calidade construtiva.