O Concello organiza cursos de poda de froiteiras e vides nas parroquias

192
    • Os interesados poderán inscribirse dende o mércores, 15 de novembro até o luns 20 de novembro no teléfono 986 80 43 00 ext 7107

Chegado o outono, o Concello de Pontevedra volve a organizar os cursos de poda de froiteiras e vides para os residentes no concello. Son cursos de balde que se desenvolverán dende o 24 de novembro até o mes de xaneiro, incluído.

Os cursos consistirán en dúas sesións: unha teórica que se desenvolverá no Pazo da Cultura, e outra práctica que será realizará nas propias parroquias.

As persoas interesadas deberán inscribirse entre mañá, 15 de novembro, e o 20 de novembro, chamando ao teléfono 986 80 43 00 ext 7107