- Ponse en marcha a campaña “(en)Volve” co obxectivo de que ningún neno ou nena quede sen agasallo de Nadal
- É unha iniciativa da Fundación Meniños, Redeaxuda e Concellería de Benestar Social
Un ano máis, e van catro, a Concellería de Benestar Social Municipal (BSM) e a Fundación Meniños poñen en marcha a campaña “(en)Volve” co obxectivo de que ningún neno, nena ou adolescente de Pontevedra quede sen o seu agasallo de Nadal. Para logralo búscanse cómplices dos Reis Magos.
Cada cómplice recibirá unha carta dirixida as súas maxestades e Oriente dun cativo/a e mercarán para o seu autor/a un dos agasallos que desexen.
Aínda que os cómplices son os que porán límite ao agasallo, dende a Fundación Meniños se fixa un prezo máximo de 30 euros, de tal xeito que todos os rapaces teñan un regalo similar en contía.
O agasallo entregarase entre os días 11 e o 29 de decembro na Casazul, na rúa Sor Lucía, 2, (de luns a venres de 10:00 a 14:00 e de 15:30 a 20:30). Para calquera dúbida, os teléfonos de contacto son 604024103 e 678754933. Redeaxuda ocuparase de facer chegar a tempo os xoguetes novos e agasallos ás familias con menos recursos que participan deste programa solidario.
Dende a Fundación Meniños e o Concello anímase aos cómplices dos Reis Magos a mercar os seus agasallos no comercio local.
Se queres ser cómplice tes que encher o seguinte formulario.
https://docs.google.com/forms/d/15O_ZBS_W3Z- lKAyzxn4BHpdQzrHphFh1gVgqEXI5Pog/edit
O antes posible recibirás a túa carta!