A seguridade e o circuíto de Tricross centran hoxe os traballos de avaliación da Federación Internacional de Triatlón

28

    • Os técnicos percorren o circuíto proposto para coñecelo polo miúdo e valorar a súa idoneidade.

Os técnicos da Federación Internacional de Triatlón (ITU, nas súas siglas en inglés) continúan hoxe cos traballos de avaliación de Pontevedra e os preparativos de cara a celebración do ITU Festival Multisport Pontevedra 2019. A delegación internacional, xunto con técnicos das federacións galega e española e os responsables do departamento municipal de Deportes abordaron hoxe coa Policía Local, Policía Nacional e Garda Civil, nunha reunión de traballo mantida na Xefatura, cuestións vencelladas á seguridade durante o desenvolvemento das probas, ao control dos circuítos, á presenza na cidade de atletas, equipos, servizos e seguidores chegados de múltiples países…

Se onte os técnicos percorreron o circuíto de longa distancia proposto -se obtén a acreditación agardada será o mesmo do Campionato de España de Longa Distancia do próximo ano-  hoxe foi a quenda do circuíto de Tricoss.

A concelleira de Deportes, Anxos Riveiro sinalou que “as sensacións son boas” polo que agarda que Pontevedra non teña problemas no seu camiño de cara á organización do  ITU Festival Multisport Pontevedra 2019 que traerá á cidade os campionatos do mundo de Aquatlón, Triatlón de longa distancia, Triatlón Cross, Duatlón e Aquabike