A delegación angolana interesada na seguranza viaria de Pontevedra

20

O Concello de Pontevedra recibiu esta mañá á unha delegación da provincia de Benguela, en Angola, dado que está a emprender melloras na seguranza viaria da cidade africana para baixar a taxa de sinistralidade.

Achegáronse a Pontevedra:

    • Dr António Ngussi – Director Provincial de Viação e Trânsito de Benguela
    • Dr Bernardo – Comandante da Brigada escolar de Benguela I
    • Intendente Tchango – Chefe do Departamento de Segurança e Prevenção
      Rodoviária
    • Dra Herminia do Nascimento – Secretaria General del Sindicato Nacional
      de Profesores de Angola
    • Dra Ana Pérez – Coordenadora do projecto Educacao para a Cidadania  Participação e Prevenção Rodoviária

Carmen da Silva, alcaldesa accidental, explicou que “é unha honra que a delegación angolana visitase Pontevedra para intercambiar experiencias”. Explicou que a provincia de Benguela está a realizar un traballo importante na zona “acadando resultados moi positivos”.

Pola súa banda, o director provincial de Viação, António Ngussi, agradeceu a “recepción calorosa”, e manifestou o interese da delegación por coñecer a forma en que está estruturada Pontevedra dende o punto de vista da circulacion viaria, os seus accesos, a transformación que viviu, como mellorou os accesos para servir mellor aos peóns ou a entrada en vigor da velocidade 30km/h.