Voices regresa á cidade con Jorge Drexler e Jane Birkin

12
  • Carme Fouces e Carlos Montilla de I-radia presentaron tamén un abono por 55€ que incluirá ambos concertos e unha terceira confirmación sorpresa.
  • Como novidade e con motivo do 20 aniversario do Pazo organizarase unha charla informal e divertida con Drexler á que poderán asistir os posuidores do abono.
  • Todas as citas terán lugar no Pazo da Cultura e as entradas á venda en Ticketea

Xusto un anos despois da presentación da primeira edición de Voices, a concelleira de Cultura Carme Fouces e Carlos Montilla de I-radia Crea, desvelaban dous dos nomes que formarán parte do ciclo no 2018. O primeiro deles, Jorge Drexler chegará xa o 20 de xaneiro ao Pazo da Cultura e “formará parte das accións que se levarán a cabo para festexar o 20 aniversario do inicio da actividade no mesmo”.

A concelleira continuou a súa intervención destacando a calidade escénica e vocal dos artistas de Voices converténdoo nun ciclo referente ao que cada ano tentamos engadir algo diferente: un bono ideal para agasallar no Nadal que estará composto polos dous concertos confirmados e un terceiro sorpresa. Contará cun 20% de descontó tendo un prezo final de 55€, moi competitivo para a calidade que se ofrece. Ademais, os posuidores do abono terán acceso directo ás sorpresas engadidas que vai a ter cada actuación”

Pola súa banda, Carlos Montilla, promotor do evento a través de I-radia Crea destacou que “o éxito destas iniciativas é a confianza e que se lles dea continuidade. Con este tipo de apostas por parte do Concello de Pontevedra, están poñendo a cidadeno mapa das grandes capitais culturais. Pretendemos vincular o concepto Voices non só a traxectoria musical do artista, senón ao seu compromiso ou ao feito de que realicen unha actividade paralela onde sen cantar, tamén teñan voz”

Entre as novidades deste ano está a de “xerar accións paralelas con cada artista, encontros, etc. que sexan tamén un agasallo para as persoas que merquen o abono confiando no artista sorpresa que non vai a defraudar. No caso de Jorge Drexle vai a ser super dinámico e divertido. É unha persoa divertida e con moito que contar”

Sobre a actuación de Jane Birkin, cabe destacar que polo momento e o único concerto que vai a facer en España, recén chegada dunha xira por Canadá e EE.UU e dende a organización contan con que “atraerá público doutras cidades e terá gran impacto”.

Na aposta habitual do Concello de poner en valor os activos locais, xurde o feito de que Jane Birkin tocará xunto a Orquestra Filharmónica Cidade de Pontevedra, unha sinerxia que contribuirá a posicionar a agrupación a nivel internacional.

As entradas para Jorge Drexler(entre os 15 e 18€) e os abonos tripes (55€) estarán á venda a partir de mañá, venres 22 en Ticketea

A cita con Jane Birkin dos 25 aos 28€ e o artista sopresa sobre os 22€.

Dossier Voices