Nove candidaturas aos Premios Cidade de Pontevedra

421

Finalmente son nove as candidaturas que optan aos Premios Cidade de Pontevedra. Catro deles enmárcanse na categoría de persoa física e as outras cinco na de persoa xurídica. Son as seguintes:

Categoría Persoa Física:

  • Víctor Pedreira, psiquiatra e activista na defensa da sanidade pública. Candidatura presentada pola Asociación Alba de familiares e amigos de persoas con enfermidade mental de Pontevedra. Esta candidatura conta co apoio dos movementos a prol dos sistema público de Saúde Batas Brancas e SOS Sanidade Pública.
  • Pablo Dapena, triatleta. Candidatura impulsada pola Aula Educación Vial de Pontevedra en recoñecemento ao seu palmarés deportivo. Apoios: Pedaladas e Asociación Oficina de Voluntariado de Pontevdra
  • Javier Coba Salvador, cirurxán cardiovascular no hospital da Paz (Madrid). Candidatura presentada pola Asociación Amigos de Pontevedra.
  • María Luz Fernández, presidenta da Federación veciñal “Boa Vila”. Candidatura presentada pola Federación de asociacións de veciños Teucro.

Categoría Persoa Xurídica:

  • Escola de Xadrez Pontevedra, candidatura presentada polo Casino Mercantil e Industrial de Pontevedra que valora o labor educativo e social que desenvolve en Pontevedra e que levou de xetito solidario ao campamento de refuxiados de Azraq (Xordania).
  • Clínica Médico-estética Trini Maquieira, candidatura presentada por Amencer-Aspace. A asociación quere pór en valor o labor altruísta que fai con mozos e mozas con parálise cerebral e afíns.
  • Landín informática, candidatura presentada por Aempre e AJE Pontevedra polos valores demostrados nos seus anos de existencia
  • Mancomunidade de montes en man común do Concello de Pontevedra, candidatura presentada pola Federación de asociacións de veciños Teucro polo seu traballo a prol da preservación do patrimonio natural.
  • Festa HQR!, candidatura presentada polo Club de Salvamento Acuático de Pontevedra SAPO pola aposta e promoción que fai do deporte de base.

Os premios que levan o nome da cidade entregaranse como cada ano nun Pleno extraordinario de honra que se desenvolverá no Teatro Principal o 20 de xaneiro, día de San Sebastián, patrón da cidade