A mesa de Monte Vivo acorda ampliar o ámbito de estudo da masa forestal que afecta a Pontevedra até case 300 km2

20

O Concello de Pontevedra celebrou onte a primeira reunión da mesa de traballo de Monte Vivo na que estiveron representados a Mancomunidade de Montes de Pontevedra, a Universidade de Vigo, o Concello a través do concelleiro Demetrio Gómez e o enxeñeiro forestal Manuel Peixoto que está a elaborar o estudo de campo do ámbito rural e agrícola do concello cunha ferramenta elaborada por el mesmo.

A reunión arrancou cunha modificación das previsións de inicio do estudo. Ademais de estudar o ámbito rural do concello máis un quilómetro cara fóra dos lindes municipais, acordouse ampliar ese estudo a tres quilómetros máis para analizar, con mellor perspectiva, o avance dos lumes.

Cos primeiros datos sobre a mesa, o estudo vai a xeoreferenciar 299,88 quilómetros cadrados, fronte aos 118 do concello. Vanse a estudar máis de 206.000 parcelas catastrais, das cales 85.036 son no concello de Pontevedra. Empregando imaxes satélites  poderase coñecer o comportamento da vexetación ao respecto da seca. E ofrecer esta información a cada propietario.

Este estudo do ámbito rural do concello farase tomando como base a cartografía catastral, seguindo a Lei de prevención de incendios forestais de Galicia. Definirase unha serie de faixas de protección e calcularase a superficie de cada parcela afectada, e con estes datos poderase calcular os custes necesarios para actuar en cada mato.

Ademais, vanse incorporar datos de superficie de cada parcela, de orografía (cotas, pendentes, orientación..), da vexetación (altura e tipo de vexetación).

A vindeira reunión será no prazo dun mes, aproximadamente.