O Concello recibe o proxecto básico da reforma do local municipal de Ferreiros

222

O Concello de Pontevedra xa dispón do proxecto básico da reforma interior do novo local municipal na rúa Ferreiros á que se trasladarán todos os servizos de Urbanismo e de Tesourería e Xestión Tributaria. Trátase dun local de 1.328 metros cadrados nos que se instalarán 73 funcionarios municipais, e pasará a ser a primeira dependencia municipal por volume de traballadores.

O tempo transcurrido entre a compra do local e a presentación deste proxecto, debeuse á necesidade de encaixar todas as peticións dos servizos que se instalarán nestas dúas plantas. Na planta baixa estarán os servizos de:

  • Xestión tributaria (actualmente en Xofre de Tenorio)
  • Tesourería (agora en Michelena)
  • Inspección Tributaria (agora en Michelena)
  • Atención ao público

Na primeira planta estará o servizo de Urbanismo, coas seguintes dependencias:

  • Oficinas de Fomento (agora en Churruchaos)
  • Arqueoloxía (agora en Churruchaos)
  • Oficina técnica de licenzas e inspección (agora no Teatro Principal)
  • Oficina de Rehabilitación (agora no Teatro Principal)
  • Oficina de Disciplina urbanística e multas (ambas no Teatro Principal)

O custe aproximado da reforma e o mobiliario ascenderá a 1,1 millóns de euros, especialmente distinada ao acondicionamento telemático das instalacións.

O concelleiro responsable de Contratación, Raimundo González explicou que no prazo dun mes o Concello disporá do proxecto de execución e poderá iniciarse o proceso de licitación da obra, para que esta estar adxudicada no terceiro trimestre do ano e poder iniciar a reforma cara final de ano.

A compra, acondicionamento e traslado das dependencias municipais redundará na mellora da atención ao cidadán que no terá que trasladarse a distintos edificios municipais para realizar trámites como o pago de taxas de urbanismo, a consulta de expedientes urbanísticos de disciplina, o pago de impostos e liquidacións… como viña sucedendo até o de agora entre os edificios de Xofre de Tenorio, Churruchaos e, incluso, Michelena 30.

Ademais permitirá mellorar as condicións de traballo dos funcionarios, que nalgúns casos traballan moi en precario, como pode ser o caso do servizo de urbanismo no edificio Churruchaos.

Posteriormente o Concello estudará a reforma do edificio de Churruchaos (onde aínda quedarán os servizos de Medio Ambiente, Normalización Lingüística e Cultura) para facelo accesible e poder darlle outros usos municipais.