O piragüismo incorpórase ao calendario de eventos deportivos internacionais e estatais
10
Arredor de 2.000 deportistas participarán no Campionato de Xóvenes Promesas, o Open Cidade de Pontevedra (Campionato de España de Piragüismo Maratón) e no Campionato de Sprint Olímpico
O deporte en Pontevedra ten por diante, de aquí ao 31 de decembro, un amplo calendario
de citas estatais e internacionais (loita, waterpolo, natación, tenis de mesa, triatlón,
carrilanas…) que se sumarán á intensa actividade deportiva de eventos locais e galegos que se darán cita este ano na cidade do Lérez. A este calendario incorpórase unha nova disciplina: piragüismo, con tres convocatorias estatais xa confirmadas.
A concelleira de Deportes, Anxos Riveiro, acompañada polo presidente da Federación
Galega de Piragüismo, Alfredo Bea, deu a coñecer os tres campionatos, que traerán á
cidade arredor de 2.000 deportistas. Son:
Campionato de España Xóvenes Promesas (1.000 metros) que se celebrará o 19 de maio no Complexo Deportivo do Pontillón do Castro. Asistirán entre 450-500 deportistas
Campionato de España de Piragüismo Maratón (Open Cidade de Pontevedra) que se desenvolverá os días 12 e 13 de maio no río Lérez. A proba é selectiva para o Campionato de Europa. Participarán arredor de 650-750 palistas.
Campionato de España Sprint Olímpico, nas categorías senior e xuvenil. Terá unha duración de tres días, do 13 ao 15 de xullo e como escenario o Complexo Deportivo do Pontillón do Castro. Agárdanse arredor de 700 deportistas.
Eventos deportivos federados extraordinarios e deste nivel permiten unha promoción moi
importante do piragüismo e a visbilización dos deportistas dunha disciplina moi presente
en Pontevedra e Galiza pero aínda minoritaria no conxunto do Estado. E ademais, subliña
a concelleira Anxos Riveiro, “supón un revulsivo económico” para á cidade.
Pontevedra ten amosado o seu bo facer na organización de eventos deportivos, indicou
o presidente da Federación Galega de Piragüismo, unha realidade que se impuxo fronte a
outras posíbeis candidaturas e que fai “que Pontevedra acolla (neste 2018) o maior
número de competicións estatais de España”. Ademais das tres citas sinaladas, o
piragüismo terá unha cuarta cita de calado no veciño O Grove, o Campionato de España
de Media Maratón.
Pendente, da posibilidade de que Pontevedra acolla tamén no mes de xuño o Campionato
de España Infantil de Baloncesto, este é o resto do calendario de eventos deportivos en
carteira para este ano:
Campionato de España escolar e cadete de Loita que se celebrará o 17 de marzo no Pavillón Municipal e ao que asistirán arredor de 450 rapaces. Esta cita é unha previa para testar o Europeo que acollerá a cidade do 4 ao 9 de xuño de 2019.
Copa de Europa de waterpolo feminino en Pontemuíños. Do 23 ao 25 de marzo. É a primeira vez que esta competición sae de Barcelona.
Campionato de España Infantil de natación. Do 25 ao 28 de marzo, en Pontemuíños.
Campionato de España de MTBO (orientación en bicicleta de montaña). Será entre o 27 e o 29 de abril en Pontillón do Castro, onde terá o seu centro de operacións, pero tamén visitarán outros concellos.
Campionato de España de veteranos de tenis de mesa será en abril, no Pavillón municipal.
Campionato de España Alevín de Tenis. Do 2 ao 8 de xullo, organizado polo Casino Mercantil nas súas instalacións de Mourente e no que colabora o Concello de Pontevedra.
Campionato de España e Galego de longa distancia de Triatlón, o 25 de agosto
Servirá para revisar o circuíto da proba internacional que se celebrará en Pontevedra