Os Premios Xoán Manuel Pintos ábrense á participación social

31
  • As propostas do que será a terceira e nova distinción recolleranse a través do formulario web pontevedra.gal/premio-Pintos18 ata o 14 de febreiro
  • Recoñecer o impulso da lingua galega e manter viva a memoria do xurista e escritor que foi figura central do Rexurdimento

O concelleiro de Normalización Lingüística, Alberto Oubiña, presentou hoxe unha nova edición do Premio Xoán Manuel Pintos que trae como novidade un novo galardón que se lle concederá a unha persoa, empresa, asociación e entidade quen dun xeito continuado ao longo da súa traxectoria profesional e/ou vital, destacase na promoción da normalización da lingua galega ou que promovese actividades que implicasen o espallamento da lingua galega. O xurado escollerá este premio entre as propostas presentadas no enderezo web pontevedra.gal/premio-Pintos18 ata o 14 de febreiro.

O premio Xoán Manuel Pintos está organizado conxuntamente polo Concello de Pontevedra e a Rede Amiga da Lingua (REAL). Desde ao ano 2005 esta distinción ten como obxectivo recoñecer publicamente o labor de impulso do uso da lingua galega e ao mesmo tempo manter viva a memoria do xurista e escritor que foi figura central do Rexurdimento e estivo tan ligado a Pontevedra.

O xurado outorgará, polo tanto este ano, tres galardóns. Un premio concederase a unha persoa, empresa, asociación ou entidade que destacase pola súa traxectoria na promoción e normalización da lingua galega, ou pola promoción de actividades que implicasen o espallamento da lingua galega durante os últimos dous anos. Outro premio concederase a unha persoa, empresa, asociación ou entidade que, dun xeito continuado ao longo da súa traxectoria profesional e/ou vital, destacase na promoción e  normalización da lingua galega ou que promovese actividades que implicasen o espallamento da lingua galega e o terceiro sairá das propostas presentadas on line.

Para a concesión dos premios o xurado terá en conta os seguintes criterios: a tarefa continua desenvolta en favor da normalización lingüística do galego; actuacións concretas en favor da normalización dos usos sociais da lingua galega; o uso habitual e normal do galego nas súas actividades e nos seus servizos; as campañas de información e/ou publicitarias en galego; a contribución á galeguización de sectores de especial relevancia económica, social e cultural. Ademais, o xurado poderá valorar outros méritos das persoas ou entidades que se propoñan.

Premios Xoán Manuel Pintos     Galardoados 2005-201