Instalados paneis informativos do conxunto arqueolóxico de Valentín García Escudero

22

O Concello de Pontevedra acaba de instalar catro paneis informativos no conxunto arqueolóxico de Valentín García Escudero para explicar os restos que se poden ver na zona. Están colocados nas ventás de vidro que se instalaron na última mellora que se fixo neste ámbito.

Trátase de catro vinilos transparentes situados en distintos puntos do espazo e que reproducen os achados que o visitante pode contemplar in situ. Están reflexados, polo tanto, os restos da ponte medieval do século XII, a muralla moderna do século XVI e o dique portuario do século XV.