Boa resposta de público na asemblea de compostaxe da Parda

69
  • A convocatoria para Eduardo Pondal está prevista para o luns, 5 de febreiro, ás 20.30 horas no Local Social do Gorgullón.

Os concelleiros Demetrio Gómez e Alberto Oubiña participaron na tarde-noite do venres na asemblea aberta convocada no Centro Leste para informar do proxecto municipal da compostaxe, os proceso da compostaxe e como compostar. Estiveron acompañados do equipo de mestres composteiros que están a participar no despregue da compostaxe no concello.

O obxecto da reunión foi informar do proceso que está a levar adiante o Concello en distintos puntos do municipio, animando aos veciños que o desexen a solicitar ao Concello, a través das súas asociacións de veciños, a implantación dun composteiro comunitario no barrio.

Ademais, na reunión tamén se explicou o proceso da compostaxe e resolvéronse dúbidas que propuxeron os asistentes.

Unha reunión similar celebrarase mañá, luns, 5 de febreiro, no Local Social do Gorgullón a partir das 20.30 horas, para todos os veciños de Eduardo Pondal que queiran coñecer o proxecto de primeira man; especialmente, tendo en conta, que os mestres composteiros xa aprobaron a instalación do composteiro de Eduardo Pondal con Teixoeira que poderá comezar a construírse nos vindeiros días.