O Concello concede licenza ás obras de rehabilitación do vello edificio administrativo da Xunta

33

A Xunta de Goberno Local, reunida de forma extraordinaria, concedeu onte a licenza de obra para a rehabilitación do vello edificio administrativo da rúa Benito Corbal. A concelleira de Urbanismo, Anabel Gulías explicou que “era moi importante aprobar a licenza canto antes porque é unha obra significativa para a cidade. E dende o Concello queremos dar todas as facilidades posibles para que sexa así”.

A licenza conta cos informes favorables de enxeñería e arquitectura, e solicita o compromiso da Xunta para reter a fianza da empresa adxudicataria até que os servizos municipais comproben o estado do espazo público ao remate da obra, así como esixirlle que se faga a conexión correcta á rede de sumidoiros e de augas pluviais.