O centro parroquial de Salcedo xa está en marcha

11

A Corporación municipal visitou este venres as obras rematadas da centralidade parroquial de Salcedo nas que o Concello investiu máis dun millón de euros ao longo dos últimos anos. Os últimos traballos foi o acondicionamento da parcela lindeira coa Casa Verde na que se fixo unha horta urbana de froiteiras con bancos para poder ver os espectáculos que se celebren na Casa verde ao aire libre. Tamén se acondicionou toda a contorna da igrexa e do cemiterio e creouse un espazo de convivencia na que os tráficos discorren a velocidade pacificada por dous carrís de circulación.