29 obras en 13 parroquias, a calidade urbana esténdese polo rural

126
  • Os concelleiros Demetrio Gómez e Alberto Oubiña dan conta na Comisión de Mobilidade dos traballos feitos ao abeiro do contrato de mantemento do espazo público no rural en 2017

Os concelleiros con responsabilidades en Obras e Rural, Demetrio Gómez e Alberto Oubiña, deron conta hoxe na Comisión de Mobilidade, Infraestruturas, Obras e Servizos dos traballos realizados nas parroquias durante o pasado ano ao abeiro do contrato de mantemento do rural que executa a empresa Elsamex.

“As actuacións de mantemento do espazo público teñen o mesmo obxectivo no centro, nos barrios e nas parroquias: manter un nivel de calidade urbana elevado en calquera dos ámbitos” subliñou o concelleiro de Obras e Mobilidade, Demetrio Gómez inda que, engadiu. o tipo de obras son diferentes “polas vías a tratar (rúas, pistas camiños, sendas..), pola función que cumpren os elementos do espazo público (canaletas, regos, recollidas de pluviais…), polo propio espazo (montes, quinteiros, viñas, froiteiras…) e tamén polos materiais construtivos”.

A modo de exemplo, o concelleiro Gómez Xunqueira lembrou que “no rural hai menos lousas e máis xabre que no urbano”, “no rural os muros separan propiedades e no urbano adoitan ser estéticas”, etc..

Como consecuencia destas diferentes realidades “cun mesmo investimento, nas parroquias hai un menor número de intervencións, xa que cada unha delas ocupa máis espazo e levan maior tempo de execución”.

En calquera caso, no 2017, o primeiro ano do contrato único de mantemento do rural. executáronse 29 obras en 13 parroquias. Son as seguintes:

LOURIZÁN
• Pavimentaciónna Praza dos Praceres
• Reparacións de pavimentos en Ponte Muíños

SALCEDO

  • Reparación de cunetas en Matalobos
  • Pavimentación do Camiño das Estrigueiras
  • Sinalización e balizamento na Igrexa
  • Pavimentación do camiño peonil no Castro das Croas
  • Pavimentacións na Igrexa

TOMEZA

• Reparacións de pavimento en Lusquiños

PONTE SAMPAIO
• Reparación miúdas no Vilar

A CANICOUVA
• Arranxo de camiño na Canicouva
• Reparación de Cunetas en Cacheiro
• Reparacións miúdas en Cacheiro

MARCÓN
• Pavimentación de camiño peonil en Pintos
• Reparación de camiño en Pintos

MOURENTE
• Reparacións miúdas en Santa Margarida

BORA

  • Sinalización e balizamento no Quinteiro
  • Arranxo de camiño en Leirados
  • Acondicionamento de camiño na Corbal
  • Reparacións varias en Pío
  • Reparación no camiño do Quinteiro

SANTO ANDRÉ
• Afirmación de camiño en Bouzas
• Reparacións na Illa de Cous

SANTA MARÍA

• Reparación de pavimento nos Fontáns
• Reparación de varanda nos Fontáns

VERDUCIDO

  • Reparación de muro de sostemento en Covadáspera
  • Reparación de cunetas en Bordel

CERPONZÓNS

• Sinalización e balizamento en Vigario

CAMPAÑÓ
• Bacheo