Aprobada a contratación da reforma das Piscinas de Campolongo

126
    • O investimento xeral é de 3,5 millóns de euros que permitirá reformar integralmente todo o complexo deportivo, incluídas as pistas de xogo do exterior.
    • O Goberno traballa coa hipótese de adxudicar a obra antes de xuño e iniciar os traballos no verán. As obras durarán uns seis meses.

A Xunta de Goberno Local aprobou esta mañá o inicio do expediente de contratación da reforma do complexo deportivo das Piscinas de Campolongo. O portavoz do Goberno, Raimundo González explicou que o pasado mes de agosto aprobouse o Plan de viabilidade da obra, e durante este tempo elaborouse o anteproxecto de explotación e o documento de estrutura de costes, e estiveron a exposición pública.

Hoxe a Xunta de Goberno deu por aprobado estes dous documentos, e acordou iniciar o expediente de contratación que “agardemos que a próxima semana se poida aprobar o propio expediente de contratación para iniciar a licitación”, explicaba o portavoz do Goberno e responsable de Contratación, que adiantou que a hipótese coa que traballa o Goberno é ter adxudicado o proxecto no mes de xuño e poder iniciar as obras no verán. De tal xeito que non sexa preciso volver a prorrogar a concesión.

O investimento total é de 3.509.000 euros que servirá para “facer unha piscina praticamente nova”. Entre as novidades:

    • Auméntase a superfice da instalación de 3.858 metros a 4.335 metros cadrados. Inicialmente, esta actuación preténdese realizar en plántaa soto, ampliando todo o espazo actual existente dedicado a fitness.
    • Planta 1: área de recepción e servizos, e piscinas
    • Piscinas renovaranse totalmente: cámbianse todos os paramentos verticais e horizontais (dos vasos e das praias adxacentes)
    • Pistas exteriores: Constrúense de novo as pistas exteriores que quedan coa distribución actual
    • Melloras:
      • accesibilidade: instalación dun ascensor e de dúas novas saídas de emerxencia.
      • edificación: sanéase o forxado (mellora das pistas deportivas da cuberta) e renóvase a cuberta das piscinas
      • renóvanse todas as instalacións (climatización, calefacción e depuración de auga e aire) tanto para a mellora da eficiencia enerxética como por levalos aos espazos de nova creación.
      • mantéñense os servizos actuais de fisioterapia, sauna, baño de vapor e jacuzzi.
      • outros espazos propostos no anteproxecto: Recibidor, recepción, tenda, bar-cafetaría, aseos, oficinas, cociña, sala de fisioterapia . . .

A concesión será por 20 anos e incluiranse nos pregos a obriga de subrrogar o persoal. Non se inclúe canon, senón que o Concello está disposto a achegar 1 millón de euros para que non quede deserto o concurso. Ben é certo, que dentro do prego a reducción deste investimento puntuará a favor das empresas.