As Matinés do Principal regresan ao Principal con Guadi Galego, La Habitación Roja e The Posies

132
  • Guadi Galego abrirá o ciclo o sábado 7 de abril, mentres que La Habitación Roja actuará o sábado 5 de maio e The Posies porá o broche o sábado 6 de outubro.
  • As entradas (a partir de 12 euros) estarán dispoñibles a partir de mañá martes 27 de febreiro en Ticketea e no despacho físico da Casa da Luz
  • O abono terá un custe de 36€ e os menores de 14 anos, gozarán dun 50% de desconto sobre este e tamén sobre as entrada individuais.
  • Diferentes establecementos hosteleiros realizaran actividades como catas, etc que se desverlán nas próximas semanas

As Matinés do Principal, impulsadas pola Concellería de Cultura do Concello de Pontevedra, regresan, logo do éxito da súa primeira edición celebrada o pasado ano, ao Teatro Principal. Co obxectivo de achegar a música ao vivo para gozar en familia ou entre amigos en horario matutino, este ciclo para todos os públicos busca tamén dinamizar a hostelería local a través de catas de viños e outras actividades que se desvelarán nas próximas semanas e nas que participarán tamén os artistas.

Tal e como destacou a concelleira de Cultura, Carme Fouces esta “fórmula novidosa de presentar a música oa vivo con concertos a unha hora accesible para as familia con nenos ás que lles pode apetecer acudir a un concerto que non sexa infantil pero coa que os nenxs tamén gozan, cubre esas necesidades que se veñen detectando e achega aos máis pequenos a música, como tentamos facer sempre co teatro, a danza, etc, creando unha cultura de consumo”.

Os tres directos programados para este 2018 -Guadi Galego, La Habitación Roja e The Posies- comezarán ás 12.30h do mediodía e se celebrarán en fin de semana.

Tal e como destacou Carlos Montilla, da productora I-radia Crea, encargada da programación, “este formatou ao que se lle sumaron e se irán sumando máis ciudades polo seu éxito, naceu de forma pioneira en Pontevedra, que cumpre todos os condicionantes para lévalo a cabo: É unha cidade viva e que demanda este tipo de actividades, tal e como se demostrou co éxito da tempada pasada. É un xeito de interrelacionarse familiarmente onde os nenos gozan dende o pincipio do concerto. Continuamos apostando pola diversidade e ofertando a posibilidade de escoitar e ver no noso teatro a artistas, músicos e grupos galegos como Guadi, nacionais como La habitación Roja e internacionais como The Posies, todos eles de contrastada reputación, e valía artística”.

As entradas para o ciclo estarán á venda desde mañá martes 27 de febreiro a través de Ataquilla.com e Ticketea.com e no despacho físico da Casa da Luz e de non esgotarse, dúas horas entes de cada concertó. Con prezos a partir de 12€ e un abono de 36€, os menores de 14 anos Terán un desconto do 50% sobre o prezo de abonos e entradas invididuais.

GUADI GALEGO (sábado 7 abril de 2018, 12.30h).

Guadi Galego comeza a súa andaina musical moi nova, e acadou sona como a voz de Berrogüetto, Mellor Grupo Folk Europeo de 2000 e candidato aos Grammy Latinos 2002, co que gravou Viaxe por Urticaria (1999), Hepta (2001), e 10.0 (2006), segundo Premio Opinión de mellor disco galego do ano. No ano 2005 grava Espido, con Guillerme Fernández, co que recunca no segundo Premio Opinión ao mellor disco galego do 2005, e un ano despois aínda o gaña de novo con Nordestin@s xunto con Abe Rábade e Ugia Pedreira. E xa no 2009 sae á luz Benzón, o seu primeiro proxecto en solitario, merecente do premio ao mellor disco do ano e candi- dato aos premios da Música. No 2012 sae aCadaCanto, unha vez máis con Guillerme Fernández, acompañada tamén por Xabier Díaz na voz e Xosé Lois Romero no acordeón.

No 2014 saíu Lúas de outubro e agosto e, no 2016, ano en que acada o Premio Martín Códax da Música á mellor artista na categoría de canción de autor, O mundo está parado (FOL Música, 2016). Dez temas redondos para deter o tempo, con letras que viaxan do persoal á reflexión colectiva sobre cuestións como a identidade e a coherencia: seis da súa autoría, tres de Carlos Abal e un de Pachi García, que exerce novamente como produtor musical. O seus directos teñen esa sonoridade envolvente con arrecendo pop, un son que funambula entre a tradición e a vangarda e que acada a súa madurez neste último traballo. Unha presa de cancións sobre a necesidade de parar a sentir, a reflexionar, a respirar, nun mundo que, malia a aparente velocidade e exceso de información, está parado no máis humano.

15 € (anticipada) / 17€ (billeteira) + gastos de xestión

LA HABITACIÓN ROJA (sábado 5 maio de 2018, 12.30h).
La Habitación Roja converteuse no excepcional caso de grupo de pop que non deixou de medrar en ningún momento. Tras celebrar o seu 20º aniversario por todo o alto, regresa agora para presentar o seu último disco Sagrado Corazón (Mushroom Pillow, 2016). Unha banda imprescindible que crece disco tras disco, cuns directos que son karaokes masivos e que segue a sumar clásicos a un repertorio xa extraordinario.
“O corazón, o músculo rei e o órgano vital máis importante e o motor e motivo da nosa existencia, da título a este último traballo da banda. O mesmo que a música, algo sagrado para nós”, afirma o grupo. E continúa: “era o momento de facer un disco que reivindicara o que nos une. A luz, o sol, a calor, a amizade, a nosa terra e o amor son os eixos principais dun disco que é un canto ás cosas boas e valiosas da vida, pero tamén un lamento provocado pola pérdida ou a añoranza destas mesmas cousas”.
15 € (anticipada) / 17€ (billeteira) + gastos de xestión

THE POSIES (sábado 6 de outubro de 2018, 12.30h).
O grupo comandado por Ken Stringfellow e Jon Auer é unha das máis populares fromacións de power pop nacidas co amencer dos anos noventa (eles, concretamente en Seattle e un pouco antes, pues sacaron o seu primeiro disco, Failure, en 1988), un cetro no que comparten honras con nomes como Matthew Sweet e Teenage Fanclub. Con estes últimos, a rivalidade foi tan dura coma sana, de maneira que se pode falar de admiración compartida: tanta que cando en 2010 participaron no ciclo We Used To Party -organizado por Houston Party-, o disco que elixiron para versionar foi A Catholic Education, o debut dos escoceses.

Por máis que pasen os anos, Stringfellow e Auer seguen a ser un referente de melodías infecciosas, que eles crean con pasmosa facilidade e cun acento tan accesible e atemporal que se imaxina prestado por Alex Chilton. Un maridaxe neo-revivalista da suma “invasión británica + grunge” que anunciou a aparición do rock alternativo noventero. Ou, dito de outra maneira, unha despeiteada, sexy e alternativa mestura de pop redondo e guitarras ruidosas. Entre os seus álbumes, os icónicos Frosting On The Beater (1993) e Amazing Disgrace (1996) lévanse a palma. Este 2018, para conmemorar o 30º aniversario da banda, reeditan ambos traballos, ademais da súa segunda obra, Dear 23 (1990), tanto en formato de dobre CD como de LP de vinilo, acompañados de numerosos bonus tracks que nunca antes viran a luz. En canto á súa produción máis recente de estudio, en 2016 voltaron á carga co disco Solid States, o primeiro que publicaban desde Blood/Candy (2010).

12 € (anticipada) / 14€ (billeteira) + gastos de xestión