Fontoira volve a acoller todas as unidades de traballo social

21

    • O edificio de Servizos Sociais retoma a súa actividade normal, logo de reparar os problemas que ocasionou un conato de incendio nunha das plantas.

O Chalé de Fontoira volve a acoller todas as Unidades de Traballo Social, logo de que o Concello reparase os danos causados por un conato de incendio que se rexistrou nunha das plantas do edificio o mes pasado.

Durante estas semanas, a Casazul acolleu a cinco traballadoras sociais que tiveron que resituarse no edificio para seguir atendendo os usuarios de Servizos Sociais.

Mentres, o Concello tramitou por urxencia a reparación de Fontoira que se viu danado, sobre todo, polo fume. Foi preciso pintar as estancias afectadas e tamén as portas, reparar o chan no punto onde se rexistrou o lume e reparar o sistema de calefacción.