Nova convocatoria de subvencións para taxis adaptados

14

A Comisión de Mobilidade tivo coñecemento esta semana da nova liña de subvención para a adquisición de vehículos novos adaptados para persoas con mobilidade reducida (ou adaptación de existentes) adicados a eurotaxis, que acaba de pór en marcha o Concello de Pontevedra. As bases sairán publicadas nos vindeiros días no Boletín Oficial da Provincia.

A subvención total é de 10.000 euros e o importe máximo é de 5.000 euros por cada solicitude.

Na actualidade o Concello xa conta con 4 eurotaxis ou taxis adaptados, dunha flota actual de 90.

Esta é a terceira vez que o Concello publica este tipo de subvencións que teñen como obxectivo fomentar que a rede local de taxis adaptados a persoas con necesidades especiais.