Pontevedra defende que a administración distribúa a riqueza do urbanismo para evitar a xentifricación das cidades

46
  • O alcalde foi instado, no foro Mextrópoli, a que expuxera como o modelo de Pontevedra evita a desigualdade que se vive en moitas urbes do mundo, como Ciudad de México
  • Ademais dunha normativa urbanística forte e aplicada con rigorosidade, o alcalde destacou a importancia das decisións políticas para recuperar o espazo público: o lugar no que se democratiza toda a sociedade

Dentro dunha vertixe de cambios políticos e tamén normativos, Ciudad de México abordou onte o problema da xentrificación e, por extensión, da situación urbanística da megalópole (de 22 millóns de habitantes), caracterizada por unha escasa regularización e escaso control das actuacións privadas no ámbito urbanístico. No foro Mextrópoli, a festa da arquitectura e cidade, o alcalde de Pontevedra Miguel Anxo Fernández Lores, foi instado polos outros participantes da mesa redonda que se celebrou no Centro Cultural El Rule a que “despois de 18 anos impulsando as políticas públicas no seu concello, gustaríanos que explicase a situación normativa -urbanística- da cidade”, asegurou Rodrigo Rivero “desarrollador” (promotor) moi concienciado co impacto que teñen a creación de novos inmobles no ámbito urbano e nos seus habitantes.

O relator centraba grande parte do foco de atención do resto da mesa de conferenciantes ao tratarse do único representante do sector privado no debate; un sector que -en moitos casos- xestiona sen demasiada empatía coa parte máis feble da sociedade a política urbanística de Ciudad de México.

O alcalde mediou nesta situación asegurando que, ao seu modo de ver, “existe unha ausencia absoluta do Estado en Ciudad de México”. E defendeu a existencia de ese Estado como a administración encargada de repartir a riqueza e frear o crecemento desigual que supón unha incorrecta política urbanística, como era o caso que os abordaba.

Lembrou que Pontevedra -ao igual que o resto de concellos de Galicia, cando menos- dispón, ademais da normativa autonómica da Lei do Solo, dun Plan Xeral de Ordenación Municipal que se basea, entre outras moitas cousas, nos conceptos de cargas e beneficios, é dicir, que aqueles que queiran urbanizar devolverán aos veciños arredor do 60% dos beneficios que obterán con esa licenza urbanística que se lle outorga. E devólveos en “especie”: rúas, parques, mobiliario urbano…

Explicou que, ademais da actuación reglada do Urbanismo, tamén existe unha pata fundamental para loitar contra esas desigualdades que forzan a xentrificación: as decisións políticas. “Eu creo no poder transformador da política. E nos políticos que empregamos ese poder para mellorar as cousas para todos”, por iso defendeu a liberalización do espazo público da cidade e a súa categoría de servizo público -ao nivel da sanidade e da educación, cando menos- xa que é o lugar de encontro de todos os veciños “independentemente da capacidade económica que teña cada un”.

O alcalde estivo nesta primeira mesa redonda de Mextrópoli, que levaba por título “Urbanizar sin gentrificar: transformación inclusiva de la ciudad”, na que participaron Jorge Wolpert, Rodrigo Rivero Borrell, Sañudo, Mónica Tapia, Zara Snapp e foi moderada polo director de Mextrópoli, Miguel Adrià.

Día 19

Na xornada de hoxe, 19 de marzo, Miguel Anxo Fernández Lores ofrecerá unha conferencia maxistral ás 10.10 (hora local, ás 17.00 hora de Pontevedra) sobre a cidade de Pontevedra. O director de Mextrópoli, Miquel Adrià, xa lle avanzou o seu interese porque se centrara na redución do vehículo privado na cidade, “facendo de Pontevedra unha cidade de referencia”.

Esta conferencia será no Teatro Metropólitan, a sede central das conferencias que se imparten en Mextrópoli.

Será o segundo en disertar neste foro, despois da inauguración oficial, e compartirá xornada cos gañadores do premio Prikzker 2017, RCR Arquitectos, de Olot; o director, guionista e produtor de cine Alfonso Cuarón; Johnston Marklee, directores artísticos da Bienal de Chicago 2017; Michèle Larüe-Charlus, directora xeral de Ordenación e Planificación Territorial de Burdeos; Aaron Betsky, comisario da 11o edición da Bienal de Venecia,… entre outros