Obras urxentes para afianzar un noiro da avenida de Montecelo con risco de desprendemento de rochas

43
  • Os traballos comezaron hoxe e inclúen a escavación en desmonte nas zonas que sexa posible e a suxeición cunha malla dos tramos máis verticais
  • Obrigan a cortar un carril e regular o tráfico con semáforo na subida de Montecelo desde a estrada de Ponte Caldelas por elo recoméndase o uso de accesos alternativos

Comezaron esta mesma mañá os traballos para asegurar o noiro, con risco de desprendemento de rochas, da avenida de Montecelo. Os traballos obrigan a cortar un carril do vial e a regular o tráfico con semáforo. O concelleiro de Obras e Mobilidade, Demetrio Gómez, advertía da posibilidade de pequenas retencións no cruzamento do avenida coa estrada de Ponte Caldelas, polo que fixo un chamamento a que se use, sempre que sexa posíbel, os accesos alternativos a unha zona de intensa circulación ao estar alí a Cidade Infantil “Príncipe Felipe) e o Hospital Montecelo. A previsión é de que as obras duren tres ou catro semanas.

Pequenos desprendementos de rocha rexistrados nos últimos días, a causa das intensas chuvias, e a constatación por parte dos técnicos municipais da OTMAIES da existencia de risco de novos e maiores caídas nu noiro da avenida de Montecelo obrigou ao Concello
a actuar con carácter de urxencia para asegurar a parede fragmentada e garantir a seguridade das persoas e vehículos que pasan por esta estrada.

O tramo afectado polo risco de derrube está situado na subida a Montecelo desde a estrada PO-532 -Pontevedra (N-541)-Ponte Caldelas (PO-225), trátase un vial incluído no ámbito do proxecto da Ronda Este polo que se fará unha actuación de emerxencia axustada.

A reparación de dano por desprendemento do noiro da avenida de Montecelo incluirá a retirada de material susceptible de caída, a limpeza da beirarrúa e a escavación en desmonte nas partes que poda facerse para retraer o noiro e no resto estabilizarase coa instalación dunha malla. Os traballos foron adxudicados a empresa Elsamex e un custe aproximado de 70.000 euros.