Pontevedra escaneará todo o viario municipal para localizar incidencias dun xeito preciso

142
  • A Xunta de Goberno local adxudicou o traballo a Geograma SL por 59.569 euros
  • O concello ten 800 quilómetros de rúas e estradas, sumando ás de titularidade non municipal

A Xuta de Goberno local aprobou hoxe a contratación do fotografiado e escaneado do viario de todo o término municipal, e dicir, dunha aplicación informática ad hoc que permitirá localizar con precisión as inicidencias que podan acontecer nas rúas ou estradas do concello, facilitar as inspección de seguridade viarias ou as autorizacións de obras. “Servirá para facer medicións cunha marxe de erro de 1 centímetro” subliñou o portavoz do Goberno local, Raimundo González.

A rede viaria do concello -rúas e estradas- suma arredor de 800 quilómetros, incluíndo as estradas cuxa titualaridade é doutras administracións.

Raimundo González informou que o contrato foi adxudicado á empresa Geograma SL por un importe de 59.569 euros. Ten por diante un prazo de nove meses e unha semana para desenvolver o traballo.