Volve A pé de rúa

62
  • Música en vivo, obradoiros infantís, perfomance, teatro, danza urbana… para pór o foco no comercio da rúa San Antoniño e da praza de Barcelos
  • O sábado 7 de abril será a primeira cita dunha nova etapa do programa de visibilización do comercio de proximidade que impulsa a Concellería de Promoción Económica

A pé de rúa regresa co fin de seguir a visibilizar e dinamizar o comercio de proximidade, o noso comercio local. O próximo 7 de abril comeza unha nova etapa deste programa que impulsa a Concellería de Promoción Económica e da Cidade coa rúa San Antoniño e a praza de Barcelos como escenarios. Un programa no que os propios comerciantes teñen un papel activo tanto na demanda, como na organización de actividades, ofertas e participación.

Música ao vivo, obradoiros para nenos e nenas (horticultura creativa, ilustración..), teatro, perfomance, danza urbana, unha charla-debate de Diana López, pinchos especiais nos bares da zona e descontos nos comercios artellarán unha xornada que quere pór o foco sobre a oferta comercial e hostaleira deste eixo da cidade. Nesta cita do 7 de Abril, que se desenvolverá de 12.00 a 22.00 horas, o concello conta coa colaboración activa do Estudo Bonobo.

A concelleira de Promoción Económica, Anabel Gulías lembrou a boa acollida que tivo e ten A pé de rúa, que para este ano xa ten definido o seguinte calendario, ao que se lle engadirá algunhas accións por desvelar:

  • 7 de abril. Rúa San Antoniño e praza de Barcelos
  • 21 de abril. Rúa Oliva
  • 12 de maio. Nova edición de Rizando o rizo
  • 26 de maio. Rúa Castelao
  • 9 de xuño. Contorna do Hospital Provincial
  • 8 de setembro. Rúa Rosalía de Castro
  • 22 de setembro. Rúa Cruz Gallástegui

Iniciativas como A pé de rúa amosan, segundo a concelleira Anabel Gulías, “que o tecido comercial está moi vivo” e a proba é que a proposta de visbilización e dinamización “ten continuidade no tempo”.

A pe de rúa, programa – PEQ