O Salón: Pintacuentos, ilustración mexicana contemporánea para a infancia

9
  • O Museo acolle a inauguración da primeira das 4 mostras integradas no Salón como parte da colaboración co Ministerio de Cultura e Exteriores de México

O Museo de Pontevedra acolle a exposición ‘Pintacuentos, ilustración mexicana contemporánea para a infancia’, unha mostra de 142 obras orixinais de 49 ilustradoras e ilustradores mexicanos, promovida pola Secretaría de Cultura e Agencia Mexicana de Cooperación Internacional para el Desarrollo (Amexcid).

Ao acto de inauguración asistiu Alin Escoto, coordinadora General de Programación da Feria Internacional del Libro Infantil y Juvenil (FILIJ); Susana Pliego, Consejera Cultural de México en España; Xosé Leal, deputado provincial de Cultura; Miguel Anxo Fernández Lores, alcalde de Pontevedra; e Carmen Fouces, concelleira de Cultura e Educación. Tamén estiveron presentes as  ilustradoras Valeria Gallo e Cecila Rébora, que contan con obras na exposición e forman parte da delegación mexicana de profesionais que realizarán diversas actividades no Salón nos vindeiros días.

“Pintacuentos” recolle o traballo de 49 ilustradores e ilustradoras de prestixio, plasmado en 142 obras orixinais, moitas delas publicadas en libros infantís e xuvenís. A exposición conta con pezas de Gabriel Pacheco, Valeria Gallo ou Cecila Rébora, que estarán na nosa cidade durante parte do Salón e colaborarán en diferentes actividades, algunhas delas en torno a esta mostra.

Como parte da programación do embaixador da edición 2016 da FILIJ, o artista plástico ilustrador de libros infantiles e xuveniles Mauricio Gómez Morín, naceu este “inventario representativo do que se está a facer neste intre no mundo da ilustración, dende os máis vellos ata os talentos máis novos. Recompílanse traballos pertencentes a artistas nados ao longo de 5 décadas, dos anos 40 aos 80. Dita exposición reflicte a calidade técnica, estética, formal e conceptual: de imaxinación e orixinalidade; de capacidade alegórica, simbólica e narrativa; de humor e divertimiento; de conversación e contrapunto co texto e a narración literaria; e de identidade, empatía e interlocución cos lectores nenos e adultos que expresan as obras dos ilustradores congregados.”

Previamente á inauguración realizouse una visita guiada para o estudantado de ilustración de Pontevedra, coordinada por Itziar Ezquieta e conducida polas ilustradoras mexicanas Cecilia Rébora e Valeria Gallo. Esta é a primeira das catro mostras das que poderemos gozar grazas á colaboración do Ministerio de Cultura e Exteriores de México: ‘Pintacuentos’, ’68 voces’, ‘Kerenta Merced. Cultura en Resistencia’ e ‘Invitemos a ler’.