Adxudicado á empresa Idades o Servizo de Axuda no Fogar (SAF)

78
  • O contrato ten unha vixencia de 4 anos e un custe de 1,35 euros/hora, até 1.424.000 euros ao ano
  • O SAF presta asistencia a arredor de 175 usuarios, os máis deles persoas dependentes

A Mesa de Contratación adxudicou o Servizo de Axuda no Fogar (SAF) á empresa Idades por un período de catro anos, cunha posíbel prórroga dun ano máis, segundo informou o concelleiro de Economía e Contratación, Raimundo González. Con esta adxudicación “queda normalizada o contratación do servizo e a situación das súas traballadoras:, 95. (sumando persoal fixo, eventual e de substitucións)” tralo período de interinidade xurdido após de que a concesionaria que estaba (Clece) rexeitase, no pasado mes de outubro, unha prórroga mentres se resolvía a tramitación administrativa para a nova contratación.

Raimundo González sinalou que a adxudicación do SAF fase por un importe de 14,35 euros/hora, 10 céntimos menos do custe que tiña a anterior concesión e sen revisión de tarifa durante a vixencia do contrato, en aplicación da nova lexislación. En total 1.424.000 euros/ano.

Á hora de adxudicar o servizo, tívose en conta ademais da proposta económica ás melloras ofertadas pola empresa como, entre outras, 170 dispositivos de teleasistencia; 1.150 limpezas de choque ao ano, 10 camas articuladas, 5 cadeiras de rodas ou 2 grúas.

Idades ten coñecemento polo miúdo do servizo xa que é a empresa que asumiu o contrato-ponte do SAF hai cinco meses.

O contrato do Servizo de Axuda no Fogar atende arredor de 175 usuarios. Pontevedra ten concedidas arredor de 92.000 horas de atención, delas unhas 74.000 para persoas dependentes.

González Carballo puxo tamén en valor o feito de que Idades sexa unha empresa de Pontevedra, de experiencia contrastada e recoñecido como o proba o feito de que tamén presta este tipo de servizo en numerosos concellos da contorna como Poio, Marín, Bueu, Cangas, Barro, Cambados, Cerdedo ou Soutomaior.