Abril tráenos PontePoética

77
  • A oitava edición do Festival Internacional de Poesía de Pontevedra desenvolverase do 20 ao 22 de abril
  • Inclúe recitais poéticos, encontros con alumnos/as, obradoiros nos que a beleza, a arte e a lingua van da man

En abril, nun mes intensísimo respecto a todo o que ten que ver cos libros, coa literatura, co amor a palabra escrita, chega unha nova edición do Festival Internacional de Poesía de Pontevedra – PontePoética- e xa van oito. A concelleira de Dinamización Cultural, Carme da Silva  xunto coa directora do evento, Yolanda Castaño e Antón Sobral, do Ateneo de Pontevedra, alma mater do certame, presentaron a nova edición que se vai a desenvolver os días 20, 21 e 22 de abril en tres escenarios diferentes: Teatro Principal, Casa da Luz e Pub El Pequeño.

Igual que en edicións pasadas haberá non só recitais poéticos (en sete linguas, as cinco de Iberia máis occitano e islandés), senón tamén encontros poéticos con alumnos/as, nesta ocasión dos IES Valle Inclán, Frei Sarmiento e Luís Seoane, obradoiros e o gran recital de clausura no que se oirá a voz dos poetas participantes nas súas linguas orixinais, coas traduccións proxectadas, as voces de Miriam Ferradás, Keith Payne, Itxaro Borda, María Xosé Queizán, Dolors Miquel, Filipa Leal, Elías Portela, Aurelia Lassaque, Manuel Rivas e Juan Carlos Mestre.

Yolanda Castaño subliñou a normalidade (inusual) dun festival de poesía que vai pola oitava edición; cun programa con maioría feminina, baseado na calidade e diversidade: hai poetas que comezan a súa carreira como Miriam Ferradás xunto a consagrados como os Premios Nacionais como Juan Carlos Mestre e Manuel Rivas; modelos alternativos respecto ao xénero como María Xosé Queizán e Itxaro Borda ou mesmo a presenza dun dos cumios da poesía islandesa o nacido en Cangas, Elías Portela ou dunha poeta que escribe, fala e sinte en occitano.

Beleza, arte e lingua son os piares dae PontePoética.

Programa PontePoética 8