Achégase unha nova edición da Festa dos Maios

68
  • A poetisa Tamara Andrés dará a benvida ao certame que se vai a celebrar, como cada ano, o 1 de Maio na praza da Ferrería
  • Os interesados/as en participar poden inscribirse até o 27 de abril no Rexistro Xeral do Concello e as persoas xurídicas a través da sede electrónica https://sede.pontevedra.gal/

O Concello de Pontevedra convoca a todos os nenos e nenas, mozos e mozas, asociacións culturais, veciñais e xuvenís a participaren no concurso de Maios que se vai a celebrar o día 1 de maio ás 11.00 horas na Ferraría. Os interesados/as en participar teñen que inscribirse no Rexistro Xeral do Concello e no caso das persoas xurídicas a través da sede electrónica https://sede.pontevedra.gal/

O prazo para inscribirse xa está aberto e remata o 27 de abril. As bases do concurso de Maios están publicadas na web do Concello www.pontevedra.gal e tamén no BOP

A poetisa Tamara Andrés será a encargada de dar a benvida este ano á Festa dos Maios.